2011/04/27

Zoo de Madrid

 Fomos pasar a ponte a Madrid co agallo de ensinarlle o zoo o noso fillo, aqui podense ver algunhas fotografias.

Tiñan tres osos pardos que impresionaban polo tamaño e pola beleza.
Esta foto pertence o espectáculo do delfinario, aqui podese ver a altura que colle a adestradora o ser empurrada por dous golfiños.















Os monos non poden faltar nesta pequena mostra, pasaban o tempo mirando que a xente lles votase comida.
Os panda a zampar bambú seguido, neste intre virouse un momento para poder sacarlle unha foto.











Foi unha bonita viaxe entristecida o final pola perda do meu avo este pasado domingo, catro meses despois que a miña avoa, a eles agradezo o seu amor, cariño e valores que trasmitiron a fillos, netos, e bisnetos.
A eles debo gran parte do mellor de min.
Gracias avos.


2011/04/14

Chalanas

Hoxe na Coruña poidemos ver esta chalana

Anda que no estaba mal sair a dar unha voltiña nesta chalana, con piscina de ondas e todo.



2011/04/11

Karts na Magdalena

IMG_7232_1
IMG_7223_1 IMG_7222_1 IMG_7290 IMG_7287
Onte fun ver unha carreira do Campionato Galego de Karts, un dos particpantes e amigo e fomos a darlle animos, a proba celebrouse no concello de Forcarei en Soutelo de Montes.
Cunha lonxitude de 1.300 metros e un ancho de pista de 10, as modernas instalacions foron construidas pola Deputación Provincial de Pontevedra, nunha clara aposta por este deporte. Os tempos que facian os vehiculos mais rapidos rondaba os 45´´ segundos por volta. 
Esta realmente ben feito e invita a probalo incluso en moto.
Solicitude de aluger .pdf
Localizacion e coordenadas gps


FICHA TÉCNICA DO CIRCUITO:
SITUACIÓN: MADANELA, SOUTELO DE MONTES- FORCAREI.
FECHA INAUGURACIÓN: 23 de SETEMBRO de 2007.
SUPERFICIE TOTAL: 81.703 m2 .
LONXITUDE DA PISTA: 1.300 m x 10 m.
SENTIDO DE XIRO: Horario.
EQUIPAMENTO: En execución.
COMO CHEGAR: Soutelo de Montes, a Madalena