Tiñan tres osos pardos que impresionaban polo tamaño e pola beleza.
Esta foto pertence o espectáculo do delfinario, aqui podese ver a altura que colle a adestradora o ser empurrada por dous golfiños.
Os monos non poden faltar nesta pequena mostra, pasaban o tempo mirando que a xente lles votase comida.
Os panda a zampar bambú seguido, neste intre virouse un momento para poder sacarlle unha foto.
Foi unha bonita viaxe entristecida o final pola perda do meu avo este pasado domingo, catro meses despois que a miña avoa, a eles agradezo o seu amor, cariño e valores que trasmitiron a fillos, netos, e bisnetos.
A eles debo gran parte do mellor de min.
Gracias avos.




No hay comentarios:
Publicar un comentario